Skip to content

--- Semana Santa Viveiro ---

Semana Santa Viveiro

Publicado 27/07/13

Misa polos Naufragos. Procesión da Virxen do Carmen o Porto e maña procesión Marítima

Hoxe as 21.00 h. misa polos naufragos na igrexa de Celeiro, cantada por Escolma de Meus. Logo procesión coa Virxe do Carme ata a lonxa.



 

Publicado 27/07/13

 

EXPOSICION A VIRXE DO CARME DE CELEIRO

UNHA TRADICIÓN EN IMAXES

HOMENAXE AOS LEVADORES E BARCOS QUE A PORTARON

Dende Mércores día 24 de Xuño, as 19 horas está a inauguración da exposición  sobre a Virxe do Carme de Celeiro, enmarcada dentro das Festas Patronais e do Mar. Unha mostra que nesta ocasión sirve de homenaxe aos levadores e levadoras asi como os barcos que a portaron dende o comenzo da tradicional procesión marítima de Celeiro, dende 1950. Esta mostra esta organizada por Jose Ramón Fernández Fernández, o seu fillo Angel Fernández Insua, coa colaboración de Suso Fernández. Estes veñen recopilando desde fai tempo fotografías sobre Celeiro en Xeral.

Colaboran a comisión de festas de Celeiro pertenecente a A.C.D. Penalba-Colectivo Chilindrín e tamén o Concello de Viveiro. Estará aberta en horarios de 11 a 13 e de 17 a 20 horas, dende o día 24 ata o 29 de Xullo, no centro sociocultural de Celeiro "Carlos Adrán" (casa do forno), sita na Rúa Grande de Celeiro.


Datos interesantes sobre as imaxes da virxen do carmen en Celeiro

A VIRXEN DO CARMEN, PATRONA DOS MARIÑEIROS

Imos lembar brevemente a historia da raigambre dos homes do mar a VIRXEN DO CARMEN e os datos dos que contamos das IMAXES da mesma no noso pobo de Celeiro.

A organización gremial do medievo alongouse na Edade Moderna, máis con forza organizativa e senso democrático onde destacaron as virtudes da solidariedade e do servicio.

Os gremios atoparon no Concello un recoñecemento e o seu representante o día de ano novo era investido solemnemente como procurador. Na parroquia os gremios formaban Cofradías (co-fraters = unión de irmáns) que organizaban os seus cultos e administrábanse por maiordomos. A Cofradía tiña un patrón a quen se lle tiña devoción e nas grandes festas e procesións cada Cofradía ocupaba o sitio de sempre, polo que en moitas ocasións sábese que houbo liortas. Estan cofradías naceron a mediados do seculo noveno, sendo a primeira a da localidade de Laredo (Cantabria)

O gremio de mareantes honrou sempre a todo-los apótolos, por aquello de que foran mariñeiros; pero o seu patrón era San Sebastián.

Co gallo do Concilio de Trento o culto a Virxen tuvo un gran pulo e cada Cofradía foi adoptando una advocación. Así aparece a Virxen do Carmen como patrona do gremio xa a primeiros do século XVII. Na diócese de Mondoñedo, tardáronse bastante tempo en escribir as Constitucións, que en Celeiro non chegaron ata o século XVIII. A Cofradía do Carmen recibía de cada cofrade un real ó ano que se pagaba polo mes de Otubro ó maiordomo, e facía a cada un dos cofrades defuntos as misas que leven ainda hoxe se seu nome.

A devoción dos mariñeiros a Virxen non foi imposta nin dirixida. Naceu no recuncho do corazón a carón do lume, nas noites de inverno, cando antes da cea rezábase o rosario con devoción e respeto en tódalas lareiras. De pais a fillos íase conservando. Nos momentos difíciles do traballo do mar, sempre foi bendita e chamada polos seus devotos.

AS NOSAS IMAXES

A primeira imaxen da Virxen do Carmen que houbo en Celeiro foi a que se garda na capela de Santa Ana. Para darlle culto á cofradía esmagouse unha imaxe da Inmaculada, tallada por Domingo Preto e estofada por Varela Ramil no ano 1623. Mais tarde a Cofradía encargou outra a un bon artista, un destacado discípulo de Gambino, e que se conserva no salón parroquial. Esta imaxe ocupou a vitrina central do altar que estaba ao lado da epístola na igrexa vella de Celeiro, e foi a que surcou en procesión pola ría por primeira vez no mes de Xuño de 1.950. Esta imaxe data do seculo XVIII, e esta primeira procesión foi por iniciativa do sacerdote, D. Joseito Paz Dopico e a embarcación elexida, a “Marina nº dos”, profusamente adornada con laureles e frores, que paseou a imaxen con sencillez e respeto por toda a ría. Neste ano tódo-los elementos estaban a xogo , a imaxen, as lanchas e asistencia gardaban a misma proporción, eran pequenas, sencillas e tan soio os vecinos de Celeiro acompañaban a Raiña do mar.

Pero axiña escomenzou a medrar a flota en número e tamaño, e o cariño co que se tomou a cerimonia foi en aumento e a xente da comarca acudía en masa. Todo se quedaba pequeño. Ao ano seguinte no 1.951 sendo cura da parroquia D. Constantino Montenegro, non houbo procesión marítima.


A NOVA IMAXE DA NOSA “SANTA”

A imaxen monumental da Virxen do Carmen que se venera hoxe mercouse, na primaveira do ano 1.952, a iniciativa de Dña. Antonia Sanjurjo Fernández, coñecida popularmente por “A Severina”. Esta muller encargoulle uns bocetos e presupostos ó parroco da vila, nese ano D. Jesús Castro Prieto. Este cura, propuxo a iniciativa no púlpito e foi moita xente a interesada neste proxecto, finalmente foi costeada por suscripción popular, ainda que esta muller aportou o precio da mesma, o redor de dezaseis mil pesetas (do ano 52). Esta aportación foi como agradecemento a “Virxen” dado que o seu fillo Manuel Villarmea  salvouse do naufraxio da lancha “Santa Ana nº 2”, xa que estaba embarcado no “Virgen del Pilar” e que ía o seu caron, (coñecida popularmente polo Cillero), e que acontecía no lugar coñecido por “Sacentes”, perto da Coruña o día 19 de Decembro de 1.951, cun saldo de 10 falecidos.


O escultor imaxineiro santiagués D. Jose Rivas, foi o elexido para esculpir a talla. Este compostelano foi o creador dun tipo de Virxe mariñeira, sendo a primeira para a localidade de Cedeira. Este estaba moi vinculado a Viveiro por profesión e devoción, xa que o mesmo fixera moitas imaxes que desfilan na Semana Santa de Viveiro, o paso da Piedade, o Vico de Xudas ou prendemento,  a borriquita, o cristo da agonía , o cristo da caña, e outras imaxes do paso do calvario. Se si fixan a cara da piedade e da nosa Virxe son moi parecidas.

A nova imaxe foi retocada e decorada polo escultor ornamentista tamén santiagués pero afincado en Viveiro D. José Otero Gorrita, no amplio salón da vella casa rectoral de Celeiro., xa que a talla era inerte e confusa, viña en branco.

Esta Virxen participou por primeira vez na procesión marítima e recibiu a brisa da ría no mes de Xuño do ano 1.952, na embarción “Milagrosa”, quen tuvo a honra de estrenala “Santa”, unha lancha ainda que despropocinada á talla , pero a xogo co cariño que se lle tiña en Celeiro.

A partires de este momento e de forma ininterrumpida celebrase en Celeiro a tradicional procesión marítima, con esta nova Señora do Mar.  Esta procesión é un espectáculo grandioso , pola súa magnitude e por ser unha das procesións con máis tradición e raigambre de toda a cornisa cantábrica. A procesión marítima celebrábase o rematar a costeira do bocarte, a finais do mes de Maio ou principios de Xuño, antes de sair para o bonito, si ben alguin ano tamén se celebrou a mediados por mor de temporais que impedían os barcos vir ata Celeiro. Dende 1.984, ano que se unificaron as festas do mar e as patronais de Santiago e Santa Ana, faise a finais do mes de Xullo. Esta unificación foi por mor do cambio de modalidade e de pesquería da flota do porto, xa que co tema das licencias tíñanse que adaptar as datas que lles imponía a comunidade europea.

É esta unha ocasión donde as xentes do pobo e tamén foráneas aproveitan para estar todos unidos coa Virxen de Carmen e ser “mariñeiros por un día”, algo que se plama e fai patente o amor e a devoción que lle profesa a xente do mar a súa patrona.

Citar que en tódalas embarcacións hay un sitio privilexiado en donde se atopa  unha urna coa imaxe da Virxen.

Nestes tempos que comenza unha costeira nova na vida do Porto de Celeiro, encomendemos de corazón a Virxen do Carmen o éxito do esforzo dos nosos mariñeiros. E cando vaia polas nosas rúas levémola con respeto e cariño como fillos que somos da Raiña dos Mares.


Outros datos de interese:

Citar que a Virxen foi resturada no ano 1986 nun taller de imaxinería relixiosa en Santiago de Compostela.

A anda de madeira de castaño,  foi feita tamén por Jose Otero , xa que leva o seu inconfundible selo nas súas tallas.

Antiguamente levaba uns peixes (escachos) nas catro esquinas, desaparecidos fai moitos anos e un escudo “Mariano”.

O escudo recuperámolo no ano 1999 e este ano para a procesión especial dende Celeiro ao Asilo, fixéronse de novo os peixes, saidos das gubias do maestro-tallista viveirense D. Juan Fernández Rivera (Juan do Goyo). Así mesmo reparouse e barnizouse a anda, aumentándolle un novo varal, xa que só contaba con dous.

Nota: Varios datos foron recollidos de artigos de D. Carlos Adrán, O Serenín , La Voz de Galicia e tamen Heraldo de Vivero e Seminario de Estudos Terra de Viveiro, e por “voz populix”.

 

 

 

Publicado 20/06/13

Noticias sobre  la Presentación al Culto del Nazareno dos de Fora. La Voz de Galicia

 

Publicado 20/06/13

 
Sábado, 25 de Mayo de 2013 08:53

Publicado 19/06/13

Presentación de la Semana Santa en Lannion. Exposición fotográfica Semana Santa de Viveiro

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
<< Inicio < Prev 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 Próximo > Fin >>

Página 270 de 509

CARTEL 2024

Libro de Actos 2024

Libro Pregón 2024

Pregon 2024

Semana Santa Nenos 2024

Actos Liturgicos 2024

Adral 2024

Adral 2024. Sar Ensemble

Adral 2024. Las huellas nunca borradas

Adral 2024 Renata y Leopoldo Valeivan

El Sentimiento de un Pueblo

SSV 2023 Viernes de Dolores

SSV 2023 Caladiños

SSV 2023 Via Crucis Hombres

SSV 2023 El Encuentro

SSV 2023 La Cena

SSV 2023 Santo Entierro

SSV 2023 Esperanza

SSV 2023 Viacrucis Mujeres

SSV 2023 Resurreccion

SSV 2023 La Borriquita

SSV 2023 Misericordia

SSV 2023 La Pasión

SSV 2023 Via Lucis

SSV 2023.Desenclavo

SSV 2023 El Frances

SSV 2023. Prendimiento

Historia dunha Paixon

Antesala dun Museo

Visitas Antesala 2021

Vivela 2021 P Via Lucis

Vivela 2021 Via Lucis

Vivela 2021 Encuentro Resur.

Vivela 2021 Resurreccion

Vivela 2021 P Esperanza

Vivela 2021 Esperanza

Vive tus Recuerdos 2004

Vivela 2021 Soledad

Vivela 2021 Caladiños

Vívela 2021. 75 Aniv Piedad

Vivela 2021 La Pasion

Vivela 2021 Santo Entierro

Vivela 2021 Procesión del Santo Entierro

Vívela 2021 Desenclavo

Vivela 2021 Sermón Siete Palabras

Vívela 2021 Encuentro 1992

Vívela 2021. Encuentro

Vivela 2021 Sentencia

Vivela 2021 Heraldos

Vivela 2021 Misericordia 2011

Vivela 2021 Misericordia

Vívela 2021 Prendimiento 2019

Vívela 2021 Prendimiento

Vivela 2021 Cena 2019

Vívela 2021 La Cena

Vivela 2021.Via Crucis H

Vive tus Recuerdos 2003.

Vívela 2021. Via Crucis M

Vivela 2021 Via Crucis Mujeres

Vive tus Recuerdos 2007

Vive Tus Recuerdos 2002

Vivela 2021. Francés

Vivela 2021.Borriquita

Vívela 2021 Ramos

Vívela 2021. Pregón

Vivela 2021 Expo Fotografica

Vivela 2021. Benéfico

Vívela 2021. Dolores

Adral 2021 Clausura

Translate

Contacto

Para ponerte en contacto con nosotros, o para aportar tus ideas y sugerencias escríbenos:

websemanasantaviveiro@gmail.com

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com