Pregón 1983 Imprimir

Noite de Venres Santo nas fenestras de Viveiro  

Enrique Chao Espina  
Para a Cofradía do Santísimo Cristo da Piedade para as súas filiales con saudade e agarimo.

 


Noite do Vernes Santo na venta,

aberta riba o río, nos soloucos do mar.

Nas praias do méu pobo de Viveiro.

chora estrelas

a lúa no luar.


Longo areal de Cobas,

nas bandexas da noite,

acougas en sueiros luarentos agardando. Cecáis,

aos náufragos da morte,

ou ás nenas e soles da mañá.


No calamento xordo,

teño nos ollos medo das lembranzas

de tempos e de furnas para atráis.

 


Na furoca do Tempo,

¿Qué son Eu?

¿Un anaco dos mortos?

¿E despóis?


¿Seréi carne vindeira debruzada


no frío luarento da ventá

Lúa osenta dos ceos, camposanto

Pendurando

na noite do Nisán. (2)

Ti ben viches a Cristo no séu pranto, e fuches a farola trapalleira

de Xudas o Treidor.


Ti es no Viernes Santo:

núa campa sin mortos;

es tambor

do luar xordo-mudo

na morte do Señor.

Pandeireta

argalleira dos poetas.

Cando romate o Mundo

¿qué serás?

Finará o Sol i-o Mar,

habrá pra Historia

só goma de borrar.

Méu Pobo, méu Viveiro,

ergueito riba o río i areal,

non esquezas o laio do Nisán.

Pois si coido no Mundo pasaxeiro,

e remexo soñando encol da Cruz,

sin Deus non vexo estrelas,

nin namoros,

nin siquera da Morte nos olliños


un vermiño de lus.