|
Publicado el 15/07/11 Imagen de la Virgen del Carmen que procesionará esta año Autor: Cofrades de Viveiro Este Domingo día 17 de Julio tendrá lugar la procesión en honor a la Virgen del Carmen, que como todos los años sale después de la Misa de la Iglesia de San Francisco.
Este año presenta una novedad, que se ha podido ver en el cartel que hemos preparado para dicha ocasión, y es que este año procesionará por primera vez una hermosa imágen de la Virgen del Carmen esculpida por José Tena en sus talleres Valencianos en el año 1910. Autor también de otras imágenes procesionales y en concreto en Viveiro son la imagen del Cristo Yacente del paso del Santo Entierro,San Juan, La Magdalena de la Cofradía del Rosario y La Flagelación o Cristo da Columna de la VOT.
Para todos aquellos que quieran ver esta hermosa efigie,está expuesta en el altar mayor de la Iglesia de San Francisco desde el Viernes pasado, con motivo de la celebración de la novena en su honor. El Resto del año está situada en una hornacina en la parte izquierda del templo franciscano.
Esta imágen de la Virgen del Carmen porta en su mano derecha los escapularios con la imgen de la Virgen del Carmen y el escudo Carmelita. En su Mano Izquierda sostiene al niño que a su vez porta los mismos escapularios en pequeño en su mano izquierda. Las dos efigies son adornadas por dos coronas doradas. En la Parte Trasera del "paso" La silla sobre la que descansa el Escudo del Símblo Mariano y a los laterales los EscudosCarmelitas. Este año al tratarse de una imagen de mayor tamaño, procesionará sobre el anda de la Virgen de los Dolores de la VOT que había sido tallada por el Viveirense por Juan Luís Otero.
|
|
Publicado el 14/07/11 Autor: Suso Fernández Cumprense 50 anos do NAUFRÁXIO DO, BADIOLA, TODOS LOS SANTOS, MARI LOLY GRELA E SANTA LUCIA. A galerna do mes de Xullo de 1961 deixou una lista de 83 victimas mortais cun total de 20 barcos afundidos en tódala cornisa cantábrica, sendo o porto maís castigado Celeiro.
Campaña do bonito. Aquel mércores 14 de Xuño de 1961, algúns barcos desmarraron para sempre. Íanse facer o mar o día 13, pero ademáis de 13, era Martes, (día supersticioso para os homes do mar), polo que agardaron en terra un día máis, o derradeiro para moitos. Xa no mes de Xullo, a data recorda a mayor traxedia de Celeiro, cando un desatado temporal asolegou de zozobra o porto, afundindo tres dos seus barcos, Badíola e Todos los Santos, con base en Celeiro, e o Mari Loly Grela, con base en Viveiro. Tamén o San Lucía con base en Santander pero que armaba para a costeira en Espasante. Do Badiola houbo 10 desaparecidos e tres superviventes, do Todos los Santos 4 desaparecidos, un corpo recuperado, o pai de D. Laureano e D. Vicente Miguez, e 9 supervivintes, do Mari Loly Grela, despareceu tódala tripulación, 13 mariñeiros, e do Santa Lucía, 5 desaparecidos, entre os cales estaban dous veciños da comarca, un de Faro e outro de Xuances. Un total de trinta mortos.
O temporal sacudiu o litoral cantábrico e anagou a costa galega nos angustiosos días do 11 e 12 de Xullo, as máis fatídicas datas de acaecementos tráxicos para celeiro, perdéndose pra sempre vintenove homes que quedaron enterrados no mar. A estes mariñeiros o Cantábrico botoulles á súa estatura de homes carena transparente hay agora 46 anos.
A galerna convulsionou o porto que quedou sumido na consternación pola desgracia. Á volta dos primeiros barcos a xente saía a rúa, a praía, o puntal de Celeiro, para saber, abrazar ou chorar. Que algúns non remataban de vir, ou desapareceran, ou o barco foi o fondo cos 13 …. Por todo Celeiro dábanse berros de traxedia. En calquera lugar vencía a desesperación, a impotencia, e o desmayo convencia a xente da castátrofe de todo o pobo. Badiola, Todos los Santos, e Mari Loly tres nomes que poderían figurar nas tres carabelas do Gran Almirante “Colón”, e que ficaron en cada leito, a Xullo do 1961. Do naufragio do temporal, do temporal que caía, deixa nas memorias e no pelexo dos superviventes un zarpazo calado. O día 18 de Xullo, celebráronse na Igrexa Parroquial de Celeiro os solemnes funerais polas victimas, coa presencia das autoridades, así como dunha inmensa cantidade de veciños e veciñas de toda a bisbarra.
Despois dos funerais, os sobrevivintes escomenzaron a reparar as embarcacións para continua-la costeira do bonito, e ise ano non se celebrarón as festas do patrón, Santiago Apostol, nin as do Carmen da Pescadería en Viveiro. Moitos boniteros sairon o mar o día 25, e non aferraron nin un peixe para comer.
A vinte pesetas das de entonces se pagaba o kilo de bonito no ano 1961, pero moitas persoas pagarón un prezo moito más alto…. Algúns trataron de olvidar o suceso para poder volver a embarcarse e loitar novamente pola vida. Outros non foron capaces e tiveron que abandoar o mar pra sempre. ¿Qué máis deixouo a galerna?... 22 Viuvas, 43 orfos, (os fillos dalgúns do mariñeiros desaparecidos, debido a sua curta idade apenas podran recordalos, e algún naceu meses máis tarde da traxedia). Tamén deixou emigrantes… (moitos dos supervivintes embarcáronse nesa aventura de cruzar fronteiras, pisar consulados, oir idiomas alleos, outros traballos,… outras vidas. Renaceron daquela nos anos 62,63,64… en Francia, Suiza, Paises Baixos, América, ou na mercante).
A náusea daqueles días volta con calquera tarde de vento tolo, suroeste, quente, inquedante, que amence no mar como brisa zorra, que vai a máis, que fai papel as quillas pra tanto océano polo aires.
Esta crónica de desastre ou bagua, tratábase dun recordo. De rancho pechado, de gas-oil, salitre, peixe, roupa daugas… A data do 14 de Xullo de 1961 quedou na historía de Celeiro con Letras Maisculas.
|
|
Publicado 13/07/11 FOTOGRAFIAS E CARACTERÍSTICAS DOS PESQUEIROS AFUNDIDOS NA GALERNA: Despois de moitos anos e moito rebuscar logramos xuntar as fotografías do “Badiola”, “Todos los Santos” e “Mari Loly Grela”.
Badiola
 Fº: SS-3-720 Eslora : 16 m. Manga: 4,20 m. Puntal : 2,25 m. Ano construcción : 1936 Localidade de construcción : Zumaia Motor : Yereje Hnos 60 CV TRB : 34,95 Relación de náufragos desaparecidos: Luis Riveira Chao, José Riveira Chao, Antonio Tarrio Lago, Ramón Riveira Trasancos, Manuel Abad García, Luciano Abad Cordido, Juan Mª Manso Gomez, Pedro Pérez González, Daniel Parapar Paleo, Herminio Piñón Rodríguez.
Todos los Santos (ex-Nuevo Torrontero)
Fº: BI-2-1969 Eslora :18,30 m Manga : 4,60 m. Puntal: 2,29 m. Ano construcción: 1949-50 Localidade de construcción:Zumaia Asteleiro :Arrizabálaga y Olasagasti Motor : Carmelo Unánue 125 CV TRB :43,92 Relación de náufragos desaparecidos: José Posada Sánchez, José Abad Martinez, Eladio Trasancos Pernas, Saturnino Fernández Bellas. Unico corpo recuperado: José Miguez Miguez.
Mari Loly Grela  Fº FE-2-2258 Eslora: 15,80 m.Manga : 4,20 m. Puntal : 2.10 m. Ano construcción : 1948-49 Localidade de construcción :Covas- Viveiro Motor : Carmelo Unánue 125 CV TRB : 26,95 Relación de náufragos desaparecidos: Pablo Manuel Alonso Prieto, Jose López Sánchez, Manuel Rey Trobo, José Mª Rey Lopez, Carlos Almeida Villarquide, Jesús Fernández Muñiz, Domingo García Soto, Ramón Mariño Casal, José Seijas Rodríguez, Rafael Pelaez Sampedro, Eugenio Fernández Rivas, Emilio Parapar Parapar y Antonio Rodríguez Rebolo.
Santa Lucía ST-4-2025 Eslora : 17,77 m. Ano construcción: 1951 Localidade de construcción: Figueras(Asturias) Motor : Carmelo Unánue 125 CV Relación de náufragos desaparecidos da zona: Octavio Aldo Cociña Riveira y Antonio Rodríguez Lage.
PESQUEIROS NO PEIRAO DE VIVEIRO  En primeiro plano de esquerda a dereita: Solabarrieta, Arco Iris e Mari Loly Grela. No fondo o segundo comenzado pola dereita (o pesquero oscuro) o Todos Los Santos.
Dende estas liñas, un recordo para todos os mariñeiros e sobor de todo para os desaparecidos que deixaron a súa vida no mar. Lembrámonos tamén de moitos mariñeiros falecidos en accidente ou de súpeto a bordo dos barcos. |
|
Publicado 12/06/11 A GALERNA DE 1961 No 50 cabodano da Galerna.Misa polos naufragos
Como xa ven sendo habitual dende a ano 1995, data na que se inaugurou a praza do náufrago de Celeiro, en homenaxe ás Xentes do Mar, e en especial os que perderon a súa vida nel, a Comisión do Náufrago organiza para hoxe Martes día 12 de Xullo, as 9 da noite a Eucaristía en dita praza en memoria dos falecidos en accidente de mar, e este ano en especial, coincidindo coa data máis luctuosa para o porto de Celeiro, en recordó dos trinta mortos na galena de 1961, nos afundimentos dos pesqueiros “Mari Loly Grela”, “Badiola” e “Todos los Santos”, asi como tamén o “Santa Lucía”, que ainda pertencia a Santander, armaba para a costeira do bonito en Espasante, perecendo dous vecinos da bisbarra. Nesta ocasión a ceremonia relixiosa estará presidida polo bispo da diócese D. Manuel Sánchez Monge, que estará acompañado do Arcipreste de Viveiro, D. Xose Román Escourido Basanta, o Delegado Episcopal da diócese do Apostolado do Mar e párroco de Cariño, D. Francisco Gomez García, e tamén dos párrocos de Santiago de Viveiro, D. José Bello Lagüela e o de Santa Maria do Campo de Viveiro, D. Luis Fole Freire, así como de D. Avelino González Loureiro, párroco de Celeiro, e asi mesmo estarán representadas as administracións locais, provinciais e autonómicas. Paralelamente a este acto, o dia anterior, Luns, ás 8 da tarde, será inaugurada unha exposición fotográfica dos barcos de Celeiro que había no porto no ano 1961, como homenaxe ós marineiros que pereceron naquel suceso. As fotografías foron recopiladas por Jose Ramón Fernández e otras pesoas, e estarán expostas no fogar dos mariñeiros na pranta baixa da Cofradía de Pescadores Santiago Apostolo de Celeiro. A Comisión do Náufrago de Celeiro invita á participación nestes actos dado que os falecidos non só foron de Celeiro, senón tamén de Viveiro, Covas ou Xuances.

|
|
|